CADA VEZ MÁIS PRETO!!!!
XA CHEGA A TROULA 2008: DO 7 Ó 18 DE AGOSTO:
FESTA INFANTIL- FESTA YE- YE- TEATRO- NOITE DO TERROR: NOITE DOS MONXES- ESPECTÁCULO DE FOTOGRAFÍA E SON- FESTAS PATRONAIS- CEA MONACAL- CINE- BAILE DE DISFRACES- ANDAINA POPULAR ("Coñece o teu Concello")....
SEGUIREMOS INFORMANDO.....!!!!!
Ca denominación de: ASOCIACIÓN CULTURAL- DEPORTIVA "O SON DAS PEDRAS" constitúese en Montederramo, unha Asociacion sen fins de lucro,por tempo indefinido, podendo ingresar nela novos socios ou causar baixa os antigos sen necesidade de nova constitucion.
A existencia desta asociación ten como fins de xeito xeral:
- Promoción, formación e integración social, e
- O entretemento dos socios e,
En particular, os de:
-Promover e organizar actividades culturais, deportivas, musicais, audiovisuais, comunicacións por internet, video e cinematográficas, recreativas, festivas, informativas e editoriais, formativas e de investigacion, informativas ou didácticas que contribúan ó desenvolvemento socioeconómico e cultural ou que ofrezan solucións integradoras,
- Así como todas aquelas que contribúan axeitadamente ó desenrolo sociocultural, sen interese lucrativo algún.
A Asociación está xestionada e representada por unha Xunta Directiva formada por: A Presidenta (Diana Rodríguez Herrero), o Vicepresidente (Alberto Parente González) , a Secretaria (Paula Cacharrón Cortón),e a tesorera(Raquel Fernández Vázquez).
Poderán ser integrantes da asociación, todas aquelas persoas físicas,e as xurídicas, tralo acordo do seu órgano competente, que reúnan os seguintes requisitos:
a) Idade entre os 14 e os 35 anos (ambos inclusive).
b) Os menores de 14 anos,na súa sección xuvenil, non emancipados, con consentimento documentado dos pais ou titores.
Para asociarse como membro, podedes facelo nas oficinas municipais do Concello, por teléfono: 988292000, ou no correo electrónico: paula.montederramo@eidolocal.es.
DENTRO DA AXENDA CULTURAL DESTE ANO 2008, INCLÚENSE AS TRES PRIMEIRAS ACTUACIÓNS INCLUIDAS NOS CIRCUITOS CULTURAIS "CULTURA VAI", QUE PROMOVE A CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE, CA COLABORACIÓN DO CONCELLO.
LEVARANSE A CABO NO PATIO INTERIOR DO COLEXIO.
AS DATAS DESTAS TRES PRIMEIRAS ACTUACIÓNS SON:
- VENRES 9 DE MAIO ÁS 11:30H:CAYETANO LLEDÓ CO SEU ESPECTÁCULO "MÁXIXO CIRCUS CABARET".
-VENRES 16 DE MAIO ÁS 11:30H:DUENDE SICO CA REPRESENTACIÓN DE TÍTERES: "ELBA E MARCOS E OS XOGUETES ENCANTADOS".
-VENRES 6 DE XUÑO ÁS 17H: A XANELA DO MAXÍN CA REPRESENTACIÓN DE TÍTERES "CHINCHA RABINCHA".
PODEN ASISTIR TANTO NENOS E NENAS COMO ADULTOS DE CALQUERA CONCELLO.
ANIMÁDEVOS: ESPERÁMOSVOS A TODOS!!!.
A PROBA TIVO LUGAR O PASADO 19 DE ABRIL DE 2008. A PRIMEIRA SAÍDA, TIVO LUGAR AS 9:30 DA MAÑÁ,DENDE A PRAZA DO MOSTEIRO DO CONCELLO.
SEGUNDO PALABRAS TEXTUAIS DOS PARTICIPANTES "O PARAXE É MOI FERMOSO, INCLUSO A PESARES DO CHUVIOSO E FRÍO DÍA QUE NOS ATOPAMOS".
PARTICIPARON UN TOTAL DE 220 PERSOAS, ENTRE SENDEIRISTAS, CORREDORES E CICLISTAS.
Ó FINAL DA PROBA, SERVIUSE UN SUCULENTO XANTAR,LOGO REALIZOUSE O SORTEO DE AGASALLOS ENTRE TÓDOLOS PARTICIPANTES E POLA TARDE
TIVO LUGAR A ACTUACIÓN DO GRUPO DE MÚSICA FOLK: "CHARÁCULUS" NO CLAUSTRO DO MOSTEIRO.
APROVEITAMOS PARA SAUDAR E AGRADECER A TÓDOLOS PARTICIPANTES, VOLUNTARIOS E PERSOAS QUE SE ACHEGARON NESTE DÍA TAN ESPECIAL, NO QUE SE ACORDOU CONCERTAR UNHA CITA PARA O VINDEIRO ANO 2009.
GRACIAS A TODOS!!!!
NO APARTADO "IMAXES" DENTRO DA ÁREA DE "TURISMO" DESTA WEB DEIXÁMOSVOS UNHAS CANTAS FOTOS DO EVENTO.
O Director Xeral de Turismo, Rubén Lois, visitou Montederramo o pasado 18 de Marzo para inaugurar o proxecto "Igrexas Luciernagas", unha novidosa iniciativa nos máis destacados templos da Ribeira Sacra.
No caso de Santa María de Montederramo, o visitante é transportado á vida monástica a través dunha recreación musical que se pode escoitar no fermoso coro do mosteiro.
O claustro Procesional do mosteiro de Montederramo acolle unha divertida exposición de "lardeiros" (bonecos de Entroido) feitos polos rapaces do Concello de Manzaneda.
A entrada é gratuita, e pódese visitar ata o 14 de Marzo, de 11:00 a 14:00, e de 16:00 a 19:00 horas (preguntar na Oficina de turismo).
A Asociación de Mulleres Rurais "A Caracocha" está levando a cabo os seguintes cursos:
- Iniciación á Informática (Martes e Xoves ás 16h)
- Ioga (Xoves e Sábados ás 18h)
- Restauración e pintura (Venres ás 18:30h)
En Marzo comezará Taichi, en Abril continuarán co Obradoiro de Bolillos, e daquí a pouco Obradoiro de Mecanografía.
Para máis información falar con Amelia (Tlfno: 619 157 622)
Con data 28 de Xaneiro de 2008, contratouse a execución das obras de "Pavimentación en Suspiazo" por importe de 18.792,00€, cofinanciada pola Excma. Deputación Provincial de Ourense ó 50%, mediante outorgamento de subvención de cooperación para inversións en Servizos Mínimos obrigatorios de Concellos de menos de 3.000 habitantes; segundo Acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Ourense, en sesión celebrada ó derradeiro 21 de Decembro de 2007.
Reporteiros do programa de Televisión Española "Desde Galicia para el mundo" trasladaronse ata Montederramo para gravar unha reportaxe sobre a misteriosa figura do século XIX, Romasanta, máis coñecido como o "lobishome" ou o "saca-untos".
A pesar da desafortunada climatoloxía, os reporteiros visitaron diferentes puntos do territorio municipal, como o espazo natural do "Biduerial" e o alto de San Mamede.
Esta breve reportaxe será emitida en 190 paises a principios de Febreiro 2008 a través de Televisión Española.
O concello de Montederramo pon a súa disposición dúas rutas de senderismo que, partindo da capital municipal, percorren espazos de gran valor ecolóxico e natural, como son a serra de San Mamede e o Bidueiral.
O director José Luis Cuerda escolleu o mosteiro de Santa María de Montederramo como escenario para grabar a súa última película "Los girasoles ciegos". A trama sitúase nos anos da postguerra española, polo que os interiores do mosteiro foron temporalmente convertidos nunha escola daquela época.
No reparto destaca a actriz Maribel Verdú, así como moitos dos veciños do concello de Montederramo que actuaron como extras.
O PIC (Punto de Información Catastral) é un servizo que ven prestando dende hai pouco tempo o Concello de Montederramo, en virtude da sinatura dun convenio de colaboración coa Dirección Xeral do Catastro do Ministerio de Economía e Facenda. Este é un dos primeiros concellos en prestar este servizo gratuito a tódolos seus veciños.
Para coñecer máis sobre o PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL, pinche aquí.