Saltar navegación
Concello de Montederramo
Secuencia de imaxes do Concello de Montederramo

CONCELLO :: Novas

PROGRAMACIÓN CULTURAL- AGOSTO 2009

TROULA MONTEDERRAMO 2009

-DÍA 7 DE AGOSTO:
EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA: “MI OTRO TIEMPO…, DE TUIRSTA A EXPEDICIONARIO” (Por Alberto Cacharrón).
CINE: “EL TREN DE LAS 3:10". (23:00H)
-DÍA 8 DE AGOSTO:
19:00H: CICLO TURÍSTICO- CULTURAL: “UN PASEO POLA HISTORIA DE MONTEDERRAMO”.
00:00H: FESTA DA MOVIDA: ANOS “80” (Discomóvil).
-DÍA 9 DE AGOSTO:
A partir das 21:30H: CEA MONACAL (Organiza Comisión de Festas de Montederramo). (No Claustro Exterior do Mosteiro).
-DÍA 10 DE AGOSTO: CINE: “ OCHO CITAS". (23:00H).
-DÍA 11 DE AGOSTO:
-19:00h: “ANDAINA POPULAR: CONOCE O TEU CONCELLO”.
-23:00H: TEATRO: “ XESÚS, QUÉ CRUZ ME CAEU CONTIGO”
-DÍA 12 DE AGOSTO:
23:00: ESPECTÁCULO DE IMAXE, LUZ E SON: “AS NOSAS PAISAXES, AS NOSAS XENTES”
-DÍA 13 DE AGOSTO:
00:00H: FESTIVAL POP-ROCK “O Son das Pedras”.Actuacións de: “ALCALÁ ACUSTIC BAND, SIN MOTIVO, E N.O.C.” (Na Praza do Mosteiro).
-DÍA 14 DE AGOSTO:
-18:00H: FESTA INFANTIL
- COMEZO DAS FESTAS PATRONAIS
-DÍA 15 DE AGOSTO: FESTAS PATRONAIS.
-DÍA 16 DE AGOSTO: FESTAS PATRONAIS.

¡¡¡SEGUIREMOS INFORMANDO!!!

"MONTEDERRAMO: MOITO MÁIS DO QUE TE IMAXINAS...."

NOVO CIRCUITO TURÍSTICO CULTURAL

SE BUSCAS TRANQUILIDADE, DISFRUTAR DA NATUREZA, A HISTORIA, O ARTE, O DEPORTE DE MONTAÑA, A GASTRONOMÍA, A XENTE.... ESTE É O TEU DESTIÑO.
MONTEDERRAMO É MOITO MÁIS DO QUE TE IMAXINAS...


Podedes descargar o circuito completo aquí.

Descargas asociadas

APERTURA DE CENTROS EDUCATIVOS FÓRA DO HORARIO LECTIVO

AULA DE APOIO EDUCATIVO NO VERÁN


O vindeiro mércores día 1 de Xullo, dará comezo a Aula de Apoio para os nenos do Concello, no Colexio de Montederramo.
Este recurso, organizado dende a Área de Educación Social do Concello, desenvolverase durante os meses de Xullo e Agosto, de luns a venres en horario de mañá:
-DE 10:00 A 14:00 H
A Aula de Apoio defínese coma unha estratexia educativa que permita a atención das necesidades educativas especiais dos alumnos con problemas de aprendizaxe dentro do sistema educativo ordinario. O seu obxectivo é favorecer e alcanza-la integración total dos nenos a través da prestación dos servicios de apoio necesarios.
Esta iniciativa quere responder á importancia que ten dotar de recursos ós nenos e ás nenas que máis o necesiten, axudándolles a desenvolver as súas capacidades de estudio.
O equipo humano encargado de desenvolver o Programa será:
-Dúas Pedagogas especializadas.
-A Educadora Social

A 1ª sesión dará comezo o día 1 de Xullo (mércores) ás 10 da mañá no Colexio de Montederramo.
TODOS OS NENOS QUE QUEIRAN ACUDIR DEBERÁN APUNTARSE NO CONCELLO (onde Paula). O prazo remata o día 30 de Xuño de 2009.
Asdo:
A Educadora Social
Paula Cacharrón Cortón.
ORGANIZA CONCELLO DE MONTEDERRAMO, COLABORA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA.

"MONTEDERRAMO...MOITO MÁIS DO QUE TE IMAXINAS"...


Ponse en marcha unha guía, con soporte escrito e en DVD, onde recollemos tódolos atractivos do patrimonio histórico-artistico e do natural, e aparte os recursos que se poden visitar.
Trátase tamén da publicación de dous libros: A reedición do libro >‘Montederramo, el poder monacal a orillas del Mao’, e da publicación de >‘A Abadía de Santa María de Montederramo’, ademáis da presentación dunha guía turística >>‘Montederramo..., moito máis do que se te imaxinas’ e dun folleto informativo das rutas de sendeirismo na serra do San Mamede, entre as que se atopa a do Bidueiral. Todo esto completarase tamén, ca presentación dun DVD audiovisual que se proxectará nunha das salas do mosteiro.
(PODES VER TODAS AS FOTOS NO APARTADO DE TURISMO- IMAXES).

Ligazóns recomendadas

FOTOS II CICLO ROTEIRO SAN MAMEDE

II CICLO ROTEIRO DO SANTO "SAN MAMEDE"
MONTEDERRAMO 2009

XA ESTÁN DISPOÑIBLES AS FOTOS DA SEGUNDA EDICIÓN DO CICLO ROTEIRO DO SANTO "SAN MAMEDE" 2009. NO APARTADO DE TURISMO: IMAXES.

II CICLO ROTEIRO DO SAN MAMEDE

ANDAINA EN MONTEDERRAMO

BIDUEIRAL DE MONTEDERRAMO
Sen dúbida ningunha, a edición do Ciclo – Roteiro/2009 colmou con creces todas as expectativas que tíña postas nel.

Un éxito de participación e sobre todo de organización, na que quero destacar, por enriba de todo, o traballo de tódolos voluntarios do noso concello, que fixeron que os participantes se sentiran cómodos e seguros ó longo de toda a proba. Gracias tamén a Willi, por transmitirlle á proba ese entusiasmo e felicidade que leva sempre no seu interior, e a Antonio, alcalde do noso concello, por o seu incondicional apoio e por deixarme traballar con total liberdade.

Como concelleiro organizador, non vos vou ocultar que a gran cantidade de xestións que hai que facer, a falta de financiación e apoio institucional, e as continuas “sabotaxes” que a sinalización do percorrido sofre continuamente, por parte dun pequeno grupo de vándalos, fixo que o día anterior á celebración me plantexara seriamente que ista fose a derradeira edición. Nembargantes, unha vez rematada, vendo a labor dos meus conveciños, exercendo de voluntarios, e a ledicia de tódolos participantes, desdíxenme rápidamente dos meus pensamentos, e xa me puxen a traballar na do próximo ano, tendo a primeira reunión con Willi, para “pulir” aqueles erros que detectamos.

Dar a coñecer esta nosa serra, é o obxectivo primordial do Ciclo – Roteiro. Penso que un espacio natural tan fermoso non pode permanecer oculto a todos aqueles ós que nos gusta desfrutar destes espacios e somos respetuosos deportistas. Para “mostra un botón”; catro días máis tarde percorrín toda a ruta, e o único que tiven que recoller foi un bote de auga dunha bicicleta (a todas luces caiulle en marcha). Esto demostra o respeto que os participantes amosaron.

De novo grazas a todos e espero contar convosco o vindeiro ano.

Alberto Cacharrón Mojón.
Concelleiro de Cultura, Turismo e Deportes.



ORGANIZA E SUBVENCIONA "CONCELLO DE MONTEDERRAMO". COLABORA "DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE".

NOVO BLOG DA ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS "A CARACOCHA"

ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS "A CARACOCHA"

A ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS "A CARACOCHA" (MONTEDERRAMO), INAUGURA BLOG.
A DIRECCIÓN É :

www.blogoteca.com/acaracocha

Ligazóns recomendadas

NOVA ASOCIACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA "O SON DAS PEDRAS"

CREACIÓN DA NOVA ASOCIACIÓN CULTURAL- DEPORTIVA "O SON DAS PEDRAS".

Ca denominación de: ASOCIACIÓN CULTURAL- DEPORTIVA "O SON DAS PEDRAS" constitúese en Montederramo, unha Asociacion sen fins de lucro,por tempo indefinido, podendo ingresar nela novos socios ou causar baixa os antigos sen necesidade de nova constitucion.
A existencia desta asociación ten como fins de xeito xeral:
- Promoción, formación e integración social, e
- O entretemento dos socios e,
En particular, os de:
-Promover e organizar actividades culturais, deportivas, musicais, audiovisuais, comunicacións por internet, video e cinematográficas, recreativas, festivas, informativas e editoriais, formativas e de investigacion, informativas ou didácticas que contribúan ó desenvolvemento socioeconómico e cultural ou que ofrezan solucións integradoras,
- Así como todas aquelas que contribúan axeitadamente ó desenrolo sociocultural, sen interese lucrativo algún.
A Asociación está xestionada e representada por unha Xunta Directiva formada por: A Presidenta (Diana Rodríguez Herrero), o Vicepresidente (Alberto Parente González) , a Secretaria (Paula Cacharrón Cortón),e a tesorera(Raquel Fernández Vázquez).
Poderán ser integrantes da asociación, todas aquelas persoas físicas,e as xurídicas, tralo acordo do seu órgano competente, que reúnan os seguintes requisitos:
a) Idade entre os 14 e os 35 anos (ambos inclusive).
b) Os menores de 14 anos,na súa sección xuvenil, non emancipados, con consentimento documentado dos pais ou titores.
Para asociarse como membro, podedes facelo nas oficinas municipais do Concello, por teléfono: 988292000, ou no correo electrónico: paula.montederramo@eidolocal.es.

IGREXAS LUCIERNAGAS

Unha novidosa iniciativa na Ribeira Sacra

O Director Xeral de Turismo, Rubén Lois, visitou Montederramo o pasado 18 de Marzo para inaugurar o proxecto "Igrexas Luciernagas", unha novidosa iniciativa nos máis destacados templos da Ribeira Sacra.
No caso de Santa María de Montederramo, o visitante é transportado á vida monástica a través dunha recreación musical que se pode escoitar no fermoso coro do mosteiro.

Máis información sobre o mosterio

OBRAS DE PAVIMENTACIÓN EN SUSPIAZO

EXECUCIÓN DAS OBRAS DE PAVIMENTACIÓN EN SUSPIAZO

Con data 28 de Xaneiro de 2008, contratouse a execución das obras de "Pavimentación en Suspiazo" por importe de 18.792,00€, cofinanciada pola Excma. Deputación Provincial de Ourense ó 50%, mediante outorgamento de subvención de cooperación para inversións en Servizos Mínimos obrigatorios de Concellos de menos de 3.000 habitantes; segundo Acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Ourense, en sesión celebrada ó derradeiro 21 de Decembro de 2007.

NOVAS RUTAS DE SENDERISMO

O concello de Montederramo pon a súa disposición dúas rutas de senderismo que, partindo da capital municipal, percorren espazos de gran valor ecolóxico e natural, como son a serra de San Mamede e o Bidueiral.

Para a súa promoción o concello editou dous folletos con toda a información das rutas, chamadas ruta do Bidueiral e do Santo.

Estos folletos pódense encontrar na Oficina Municipal de Turismo, ou en versión dixital, nesta mesma web.

MONTEDERRAMO DE CINE

O concello de Montederramo converteuse nun plató de cine para a última película de José Luis Cuerda

Pequenas estrelas de Montederramo

O director José Luis Cuerda escolleu o mosteiro de Santa María de Montederramo como escenario para grabar a súa última película "Los girasoles ciegos". A trama sitúase nos anos da postguerra española, polo que os interiores do mosteiro foron temporalmente convertidos nunha escola daquela época.
No reparto destaca a actriz Maribel Verdú, así como moitos dos veciños do concello de Montederramo que actuaron como extras.

PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL


POSTA EN FUNCIONAMENTO DO PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL NO CONCELLO.

PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL O PIC (Punto de Información Catastral) é un servizo que ven prestando dende hai pouco tempo o Concello de Montederramo, en virtude da sinatura dun convenio de colaboración coa Dirección Xeral do Catastro do Ministerio de Economía e Facenda. Este é un dos primeiros concellos en prestar este servizo gratuito a tódolos seus veciños.

Para coñecer máis sobre o PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL, pinche aquí.

Ligazóns recomendadas


Hemeroteca: 2006 · 2007 · 2008 · 2009

Formato RSS 2.0
By Abertal
CONCELLO DE MONTEDERRAMO - TLFN: 988 292 000