Saltar navegación
Concello de Montederramo
Secuencia de imaxes do Concello de Montederramo

CONCELLO ::


O PIC (Punto de Información Catastral) é un novo servizo do que dispón o Concello de Montederramo, en virtude da sinatura dun convenio de colaboración coa Dirección Xeral do Catastro do Ministerio de Economía e Facenda.

O concello de Montederramo é un dos primeiros en prestar este servizo gratuito a tódolos seus veciños.

A necesidade de dar resposta á crecente demanda de información catastral de quen non dispón dos medios informáticos e telemáticos apropiados, xustifica o establecemento dos Puntos de Información Catastral, que ofrecen ao cidadán tódalas vantaxes da Oficina Virtual do Catastro, sen ter que desprazarse ata Pontevedra, no caso do noso municipio, para obter a información.

Os servizos ós que se pode acceder desde o Punto de Información Catastral do Concello de Montederramo son os seguintes:

a) Servizo de consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.

b) Servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais dos datos protexidos, relativo ós bens inmobles da súa titularidade.

c) Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ó propio solicitante.

d)Servizo de cambio de alta e cambio de titularidade dos bens rústicos ou urbanos.

e) Calquera outro servizo de consulta e certificación que se implanten no futuro.




OFICINA VIRTUAL DE CATASTRO





By Abertal
CONCELLO DE MONTEDERRAMO - TLFN: 988 292 000