
O director José Luis Cuerda escolleu o mosteiro de Santa María de Montederramo como escenario para grabar a súa última película "Los girasoles ciegos". A trama sitúase nos anos da postguerra española, polo que os interiores do mosteiro foron temporalmente convertidos nunha escola daquela época.
No reparto destaca a actriz Maribel Verdú, así como moitos dos veciños do concello de Montederramo que actuaron como extras.