RUTAS DE SENDERISMO

O entorno natural de Montederramo invita a pasear e disfrutar do contacto coa natureza.
Por iso, o Concello pon a súa disposición varias rutas de senderismo que transcorren por algunha das paraxes máis fermosas do concello: a serra de San Mamede e o Bidueiral.
Rutas que se adentran nestes importantes espazos naturais, que agochan acolledores recunchos cunha sorprendente flora e fauna, e que recompensan os esforzos dos camiñantes con impresionantes panorámicas.
RUTA DO BIDUEIRAL
Ruta de pouco máis de 27´5 km. que ten na capital municipal (Montederramo) o seu punto de inicio e fin.
O seu percorrido permite ó visitante adentrarse no
"Bidueiral", fraga de bidueiros (Betula Alba) máis meridional de Europa.
O contraste de cores que ofrecen as follas dos bidueiros, o verde e vermello dos acibos, a cor prata dos liquens, e demáis tonalidades que adquire esta espesa manta de vida, provoca un espectáculo natural que dificilmente encontrará noutros lugares.
Folleto da Ruta do Bidueiral (descargar)
RUTA DO SANTO
Ruta de case 29 km que ten na capital municipal (Montederramo) o seu punto de inicio e fin.
Transcorre pola serra de San Mamede, unha das máis de altas de Galicia, seguindo as pegadas do santo que lle dá nome, San Mamede.
A tradición conta que o santo vivía no cumio da serra (1.618m), onde agora existe unha pequena capela, e que só baixaba ó mosteiro para rezar, especialmente no 15 de Agosto, festividade da patroa.
Sen dúvida este alto é un lugar idóneo para a meditación, pois as súas impresionantes vistas, permiten divisar territorios tan lonxanos como Verín ou Monforte.
Folleto da Ruta do Santo (descargar)
MÁIS SOBRE MONTEDERRAMO...
-
ONDE COMER (+Info)
-
ONDE DURMIR (+Info)
-
OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN TURÍSTICA (+Info)