Saltar navegación
Concello de Montederramo
Secuencia de imaxes do Concello de Montederramo

CONCELLO :: Novas

MONTEDERRAMO TROULA 2008

SEMANA CULTURAL 2008


XA CHEGA A TROULA 2008: DO 7 Ó 18 DE AGOSTO:

-CONCERTO FOLK
-FESTA INFANTIL
-FESTA YE- YE
-TEATRO
-CINE
-ESPECTÁCULO DE FOTOGRAFÍA, LUZ E SON
-FESTAS PATRONAIS
-DANZAS ORIENTAIS
-BAILE DE DISFRACES
-ANDAINA POPULAR ("Coñece o teu Concello")....
¡¡COÑECE A PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES NO APARTADO DA OFICINA MUNICIPAL DE INFORMAICÓN XUVENIL!!

AXUDAS PARA ADAPTACIONS FUNCIONAIS DO FOGAR, PRÓTESES E AXUDAS TÉCNICAS

AXUDAS A PERSOAS MAIORES E DISCAPACITADOS DA VICEPRESIDENCIA DE IGUALDADE E BENESTAR.

BANDO
D. ANTONIO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ, Alcalde- Presidente do Concello de MONTEDERRAMO (Ourense),
INFORMO

A todos os veciños, que está aberto o prazo para solicitar subvencións para levar a cabo:
a- Adaptacións funcionais no fogar (máximo: 2.500€) e Eliminación de barreiras arquitectónicas (máximo 3.000€)
b- Adquisición de próteses dentais (máximo: 500€) e audífonos non previstos no sistema sanitario (máximo 800€).
c-Axudas técnicas: para aseo e hixiene persoal, para alimentación, para mobilidade, posicionamento e protección persoal, para comunicación, para persoas com discapacidade auditiva, e para discapacidade visual. (máximo: 2.500€)

Prazo de presentación de solicitudes: 10 de Agosto de 2008.
Requisitos dos Solicitantes:
-Maiores de 65 anos que acrediten necesidade dunha axuda que non estea incluída no âmbito doutras liñas de protección social ou sanitária
-Persoas com discapacidade menores de 65 anos que teñan recoñecido um gro de minusvalidez igual ou superior ó 33% pólo Equipo de Orientación e Valoración de Minusvalideces.
-Residir en Galicia.

Os interesados en solicitar as axudas poden dirixirse aos Servizos Sociais do Concello para presentar a correspondente solicitude antes do día 10 de Agosto.


Montederramo, 09 de Xullo de 2008

O Alcalde



Antonio Rodríguez Álvarez


NOVA ASOCIACIÓN CULTURAL E DEPORTIVA "O SON DAS PEDRAS"

CREACIÓN DA NOVA ASOCIACIÓN CULTURAL- DEPORTIVA "O SON DAS PEDRAS".

Ca denominación de: ASOCIACIÓN CULTURAL- DEPORTIVA "O SON DAS PEDRAS" constitúese en Montederramo, unha Asociacion sen fins de lucro,por tempo indefinido, podendo ingresar nela novos socios ou causar baixa os antigos sen necesidade de nova constitucion.
A existencia desta asociación ten como fins de xeito xeral:
- Promoción, formación e integración social, e
- O entretemento dos socios e,
En particular, os de:
-Promover e organizar actividades culturais, deportivas, musicais, audiovisuais, comunicacións por internet, video e cinematográficas, recreativas, festivas, informativas e editoriais, formativas e de investigacion, informativas ou didácticas que contribúan ó desenvolvemento socioeconómico e cultural ou que ofrezan solucións integradoras,
- Así como todas aquelas que contribúan axeitadamente ó desenrolo sociocultural, sen interese lucrativo algún.
A Asociación está xestionada e representada por unha Xunta Directiva formada por: A Presidenta (Diana Rodríguez Herrero), o Vicepresidente (Alberto Parente González) , a Secretaria (Paula Cacharrón Cortón),e a tesorera(Raquel Fernández Vázquez).
Poderán ser integrantes da asociación, todas aquelas persoas físicas,e as xurídicas, tralo acordo do seu órgano competente, que reúnan os seguintes requisitos:
a) Idade entre os 14 e os 35 anos (ambos inclusive).
b) Os menores de 14 anos,na súa sección xuvenil, non emancipados, con consentimento documentado dos pais ou titores.
Para asociarse como membro, podedes facelo nas oficinas municipais do Concello, por teléfono: 988292000, ou no correo electrónico: paula.montederramo@eidolocal.es.

CIRCUITOS CULTURAIS EN MONTEDERRAMO

COMEZAN DE NOVO AS ACTUACIÓNS INCLUÍDAS NOS CIRCUITOS CULTURAIS "CULTURA VAI" DA CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE.

DENTRO DA AXENDA CULTURAL DESTE ANO 2008, INCLÚENSE AS TRES PRIMEIRAS ACTUACIÓNS INCLUIDAS NOS CIRCUITOS CULTURAIS "CULTURA VAI", QUE PROMOVE A CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE, CA COLABORACIÓN DO CONCELLO.
LEVARANSE A CABO NO PATIO INTERIOR DO COLEXIO.

AS DATAS DESTAS TRES PRIMEIRAS ACTUACIÓNS SON:
- VENRES 9 DE MAIO ÁS 11:30H:CAYETANO LLEDÓ CO SEU ESPECTÁCULO "MÁXIXO CIRCUS CABARET".
-VENRES 16 DE MAIO ÁS 11:30H:DUENDE SICO CA REPRESENTACIÓN DE TÍTERES: "ELBA E MARCOS E OS XOGUETES ENCANTADOS".
-VENRES 6 DE XUÑO ÁS 17H: A XANELA DO MAXÍN CA REPRESENTACIÓN DE TÍTERES "CHINCHA RABINCHA".

PODEN ASISTIR TANTO NENOS E NENAS COMO ADULTOS DE CALQUERA CONCELLO.
ANIMÁDEVOS: ESPERÁMOSVOS A TODOS!!!.

ANDAINA EN MONTEDERRAMO

ÉXITO ROTUNDO DO 1º CICLO ROTEIRO SANTO SAN MAMEDE

A PROBA TIVO LUGAR O PASADO 19 DE ABRIL DE 2008. A PRIMEIRA SAÍDA, TIVO LUGAR AS 9:30 DA MAÑÁ,DENDE A PRAZA DO MOSTEIRO DO CONCELLO.
SEGUNDO PALABRAS TEXTUAIS DOS PARTICIPANTES "O PARAXE É MOI FERMOSO, INCLUSO A PESARES DO CHUVIOSO E FRÍO DÍA QUE NOS ATOPAMOS".

PARTICIPARON UN TOTAL DE 220 PERSOAS, ENTRE SENDEIRISTAS, CORREDORES E CICLISTAS.

Ó FINAL DA PROBA, SERVIUSE UN SUCULENTO XANTAR,LOGO REALIZOUSE O SORTEO DE AGASALLOS ENTRE TÓDOLOS PARTICIPANTES E POLA TARDE
TIVO LUGAR A ACTUACIÓN DO GRUPO DE MÚSICA FOLK: "CHARÁCULUS" NO CLAUSTRO DO MOSTEIRO.

APROVEITAMOS PARA SAUDAR E AGRADECER A TÓDOLOS PARTICIPANTES, VOLUNTARIOS E PERSOAS QUE SE ACHEGARON NESTE DÍA TAN ESPECIAL, NO QUE SE ACORDOU CONCERTAR UNHA CITA PARA O VINDEIRO ANO 2009.
GRACIAS A TODOS!!!!

NO APARTADO "IMAXES" DENTRO DA ÁREA DE "TURISMO" DESTA WEB DEIXÁMOSVOS UNHAS CANTAS FOTOS DO EVENTO.

IGREXAS LUCIERNAGAS

Unha novidosa iniciativa na Ribeira Sacra

O Director Xeral de Turismo, Rubén Lois, visitou Montederramo o pasado 18 de Marzo para inaugurar o proxecto "Igrexas Luciernagas", unha novidosa iniciativa nos máis destacados templos da Ribeira Sacra.
No caso de Santa María de Montederramo, o visitante é transportado á vida monástica a través dunha recreación musical que se pode escoitar no fermoso coro do mosteiro.

EXPOSICIÓN DE "LARDEIROS"

O mosteiro acolle unha orixinal exposición ata o 14 de Marzo.

O claustro Procesional do mosteiro de Montederramo acolle unha divertida exposición de "lardeiros" (bonecos de Entroido) feitos polos rapaces do Concello de Manzaneda.

A entrada é gratuita, e pódese visitar ata o 14 de Marzo, de 11:00 a 14:00, e de 16:00 a 19:00 horas (preguntar na Oficina de turismo).


NOVAS ACTIVIDADES DAS MULLERES RURAIS


A Asociación de Mulleres Rurais "A Caracocha" está levando a cabo os seguintes cursos:

- Iniciación á Informática (Martes e Xoves ás 16h)

- Ioga (Xoves e Sábados ás 18h)

- Restauración e pintura (Venres ás 18:30h)

En Marzo comezará Taichi, en Abril continuarán co Obradoiro de Bolillos, e daquí a pouco Obradoiro de Mecanografía.

Para máis información falar con Amelia (Tlfno: 619 157 622)


CURSO DE AUXILIAR DE ENFERMARÍA

O Concello organiza un Curso de Auxiliar de Enfermaría en Centros Xeríatricos.

Os interesados deben inscribirse antes do 21 de febreiro, no Concello, ou no teléfono 988 292 072 (preguntar por Paula).

OBRAS DE PAVIMENTACIÓN EN SUSPIAZO

EXECUCIÓN DAS OBRAS DE PAVIMENTACIÓN EN SUSPIAZO

Con data 28 de Xaneiro de 2008, contratouse a execución das obras de "Pavimentación en Suspiazo" por importe de 18.792,00€, cofinanciada pola Excma. Deputación Provincial de Ourense ó 50%, mediante outorgamento de subvención de cooperación para inversións en Servizos Mínimos obrigatorios de Concellos de menos de 3.000 habitantes; segundo Acordo da Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Ourense, en sesión celebrada ó derradeiro 21 de Decembro de 2007.

"DESDE GALICIA PARA EL MUNDO"

O programa de Televisión Española acollerá de novo o concello de Montederramo.

Reporteiros do programa de Televisión Española "Desde Galicia para el mundo" trasladaronse ata Montederramo para gravar unha reportaxe sobre a misteriosa figura do século XIX, Romasanta, máis coñecido como o "lobishome" ou o "saca-untos".
A pesar da desafortunada climatoloxía, os reporteiros visitaron diferentes puntos do territorio municipal, como o espazo natural do "Biduerial" e o alto de San Mamede.
Esta breve reportaxe será emitida en 190 paises a principios de Febreiro 2008 a través de Televisión Española.

NOVAS RUTAS DE SENDERISMO

O concello de Montederramo pon a súa disposición dúas rutas de senderismo que, partindo da capital municipal, percorren espazos de gran valor ecolóxico e natural, como son a serra de San Mamede e o Bidueiral.

Para a súa promoción o concello editou dous folletos con toda a información das rutas, chamadas ruta do Bidueiral e do Santo.

Estos folletos pódense encontrar na Oficina Municipal de Turismo, ou en versión dixital, nesta mesma web.

MONTEDERRAMO DE CINE

O concello de Montederramo converteuse nun plató de cine para a última película de José Luis Cuerda

Pequenas estrelas de Montederramo

O director José Luis Cuerda escolleu o mosteiro de Santa María de Montederramo como escenario para grabar a súa última película "Los girasoles ciegos". A trama sitúase nos anos da postguerra española, polo que os interiores do mosteiro foron temporalmente convertidos nunha escola daquela época.
No reparto destaca a actriz Maribel Verdú, así como moitos dos veciños do concello de Montederramo que actuaron como extras.

PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL


POSTA EN FUNCIONAMENTO DO PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL NO CONCELLO.

PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL O PIC (Punto de Información Catastral) é un servizo que ven prestando dende hai pouco tempo o Concello de Montederramo, en virtude da sinatura dun convenio de colaboración coa Dirección Xeral do Catastro do Ministerio de Economía e Facenda. Este é un dos primeiros concellos en prestar este servizo gratuito a tódolos seus veciños.

Para coñecer máis sobre o PUNTO DE INFORMACIÓN CATASTRAL, pinche aquí.

Ligazóns recomendadas


Hemeroteca: 2006 · 2007 · 2008

Formato RSS 2.0